Mocidade Socialista Galega

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Mocidade Socialista Galega

E ti estudante, porque pasas da política?

Print PDF

A Mocidade Socialista Galega, organización da mocidade nacionalista integrada en Galiza Nova, quere convidarvos a participar neste grupo de discusión "E ti, estudante, por que pasas da política?", dentro da súa serie de actos arredor da participación socio-política da mocidade.

A politización da sociedade en xeral, e da mocidade galega en particular, é extremadamente baixa. Non é unha nova recente que grande parte da mocidade opta pola abstención nos procesos electorais, nin é nova a tendencia a asumir os valores dominantes. Segundo o estudo elaborado polo Observatorio Galego da Xuventude dependente da Dirección Xeral de Xuventude ostentada polo noso compañeiro Ruben Cela, o 65'19% da xente nova manifesta ter pouco ou ningún interese pola política, apenas un 13,19% manifesta o seu interese por colaborar cun partido político e menos dun 9% colabora ou colaborou con eles.

Last Updated on Thursday, 04 February 2010 12:34 Read more...
 

"España, corral nublado"

Print PDF

Paulo Carlos López López -Secretario Xeral da MSGÉ preciso vivir na estratosfera para non decatarse de que hoxe, domingo, é a final da Copa do Mundo de Fútbol en Sudáfrica. Con pouca verticalidade no desprazamento do imprevisible Jabulani, e cunha estratexia de contención nos centros do campo, certo é que este Mundial non será lembrado polo seu xogo bonito. Alén do fracaso absoluto e sen paliativos da lusofonía (Brasil e Portugal) e as tamén decepcións de Arxentina, Italia e Inglaterra, o máis salientable será a final inédita entre as seleccións holandesa e española. Aquí, en Galiza, a expectación creada arredor desa construción mediática (La Roja) non é cativa nin anecdótica: bandeiras penduradas dos balcóns, berros de “Yo soy español, español”, “Viva España”, “Cataluña es España” cun longo etcétera e con maior capacidade inventiva de cánticos a medida que avanza a noite e o estado etílico dos seareiros medra exponencialmente.

Dende unha observación estritamente científica, como aquela que establecía Durkheim, na que estipulaba que para analizar a realidade é preciso alonxarse dela, isto é, dende unha visión de paxaro, se se quere mesmo cenital, non podemos concluír outras cousa que o deporte, e máis concretamente a selección española e todo o que a rodea, son a día de hoxe unha ferramenta con vocación intencional, con maior ou menor concreción, pero cunha carga política innegable. Non fai falla máis que mirar aos cativos e cativas, interiorizando e reproducindo uns símbolos e unhas mensaxes que non son precisamente neutras.


Last Updated on Sunday, 11 July 2010 16:29 Read more...
 

Asemblea Constituinte

Print PDF

ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUÍNTE

Mocidade Socialista Galega
Mocidades do ESG

(Membro de Galiza Nova, mocidades do BNG)

25 de abril en Santiago de Compostela

 



Organizándonos por unha GALIZA NOVA!!!

 

Descarga os Téxtos a debate aquí

Máis información en This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

Last Updated on Wednesday, 15 April 2009 00:45
 

VIAXE Á "DIADA DE CATALUNYA"

Print PDF
Amigas e amigos:

Dende a Mocidade Socialista Galega (organización nacionalista, membro da mocidade do BNG) estamos organizando unha viaxe para o 11 de setembro a Barcelona, e así participar na festa reivindicativa que alí se celebra todos os anos con motivo da Diada (Festa Nacional de Catalunya).

A participación na manifestación farase cunha faixa sen siglas de ningún tipo, co obxecto de que así se poida integrar nun mesmo punto toda a mocidade e todo o colectivo de galegas e galegos que queiran acudir á manifestación do 11S en Barcelona.
 
Esta festa, que ven sendo o equivalente ao 25 de xullo para as e os galegos, ten unha especial relevancia este ano debido aos ataques que a soberanía do pobo catalán está sofrendo dende a dereita española que se atopa acomodada, entre outros sitios, no Tribunal Constitucional.

Por este motivo, consideramos que é un fermoso xeito de amosar a nosa solidaridade coas nosas irmás e irmáns da Catalunya participar con eles desta festa reivindicativa.

Para obter máis información podedes enviar un correo electrónico ao enderezo This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it .
 
ACTIVIDADES
  • Participación na manifestación, con faixa sen siglas de ningún tipo. 
  • Acto político da mocidade nacionalista galega, organizado pola MSG.
  • Festa por Barcelona.
Prezo do avión: 48,06 € ida e volta (saída o venres ás 22:30 horas de Compostela  e volta ás 5:55 horas de El Prat; prezo a 29 de xullo do 2010 coa compañía ryanair). Cada persoa debe coller o seu billete de avión pola súa conta.

Aloxamento de venres para sábado en caso de ir no avión: a Mocidade Socialista Galega comprométese a buscar un aloxamento para todas as persoas que se apunten ao viaxe por un prezo inferior 30 €.

Prezo do autobus: 57 € ida e volta (saída o venres 10 de setembro ás 21:00 horas dende Compostela  e volta o domingo 12 ás 7:00 horas dende Barcelona). Nós facémonos cargo do encargo do autobús.
Last Updated on Tuesday, 03 August 2010 09:47
 

E ti, por que pasas da políticia?

Print PDF
A politización da mocidade galega e extremadamente baixa. Non é unha nova recente que grande parte da mocidade opta pola abstención nos procesos electorais, nin é nova a tendencia a asumir os valores dominantes.
Read more...
 
  • «
  •  Start 
  •  Prev 
  •  1 
  •  2 
  •  3 
  •  4 
  •  Next 
  •  End 
  • »


Page 1 of 4


Redes Sociais