| Article Index |
|---|
| Orixe do Día Internacional da Muller Traballadora. 8 de marzal. |
| Origem do Dia Internacional da Mulher Trabalhadora. 8 de Março. |
| All Pages |
A Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, reunida en Copenhague, proclamou o Día Internacional da Muller Traballadora, a proposta da dirixente comunista alemana Clara Zetkin, como unha xornada de loita polos dereitos das mulleres. A proposta foi aprobada unanimemente pola conferencia de máis de 100 mulleres procedentes de 17 países, entre elas as tres primeiras mulleres escollidas para o parlamento finlandés.Ano 1911.
Como consecuencia da decisión adoptada en Copenhague o ano anterior, o Día Internacional da Muller celebrouse por primeira vez (o 19 de marzo) en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suíza, con mitins aos que asistiron máis dun millón de persoas, que esixiron para as mulleres o dereito de voto e o de ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.
Menos dunha semana despois, o 25 de marzo, máis de 140 traballadoras, a maioría inmigrantes, morreron nun tráxico incendio da fábrica Triangle na cidade de Nova York. Este suceso tivo grandes repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos, e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller fíxose referencia ás condicións laborais que conduciron ao desastre.
Anos 1913 e 1914.
No marco dos movementos en pro da paz que xurdiron nas vésperas da primeira guerra mundial, as mulleres rusas celebraron o seu primeiro Día Internacional da Muller o último domingo de febreiro de 1913. No resto de Europa, as mulleres celebraron mitins en torno ao 8 de marzo do ano seguinte para protestar pola guerra ou para solidarizarse coas demais mulleres.
Ano 1917.
Como reacción ante os 2 millóns de soldados rusos mortos na Primeira Guerra Mundial, as mulleres rusas escolleron de novo o último domingo de febreiro para declararse en folga en demanda de "pan e paz". Os dirixentes políticos criticaron a oportunidade da folga, mais as mulleres fixérona de todos os xeitos. Catro días despois o Zar veuse obrigado a abdicar, e o goberno provisional concedeulle ás mulleres o dereito ao voto. Ese histórico domingo foi o 23 de febreiro, segundo o calendario xuliano usado entón en Rusia, ou o 8 de marzo, segundo o calendario gregoriano utilizado noutros países.
Dende eses primeiros anos, o Día Internacional da Muller adquiriu unha nova dimensión mundial para as mulleres dos países desenvolvidos y en desenvolvemento. O crecente movemento internacional da muller, reforzado polas Nacións Unidas mediante catro conferencias mundiais sobre a muller, contribuíu a que a conmemoración sexa un punto de converxencia das actividades coordinadas en favor dos dereitos da muller e da súa participación na vida política, económica e pública en xeral. O Día Internacional da Muller é cada vez máis unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión de mulleres comúns que cambiaron a historia.
Normativa Agal










