Mocidade Socialista Galega

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

Política de Maiores?

Print PDF

Artigo do afiliado a MSG Xerardo Díaz do Concello de Silleda

O pasado 27 de marzo a presidenta de Novas Xeracións de Silleda aparecía nos medios para dar a coñecer, nada máis nin nada menos que, a súa falta de postura sobre a dimisión do edil do PP, Manuel Mato. Alegaba Ana Belén Seco que eles "son unha organización xuvenil e non queren entrar a facer política de maiores". Resulta canto menos sorprendente esta posición de eludir o debate público -unha vez máis- tal vez sabedores de que carecen de razón. Nada novidoso se lembramos o mutismo que esta organización mantivo arredor da vergoñenta moción de censura. Acaso non somos os mozos parte integrante e fundamental deste Concello? Acaso non nos afectan as decisións que tome a alcaldía? A resposta é obvia, malia que as Novas Xeracións do PP parezan descoñecela.


Como membro de Galiza Nova -organización xuvenil do BNG- podo asegurarlle que aos mozos tamén nos interesa, e moito, o que pase no Concello. Interésanos saber que a alcaldía vén de aprobar un orzamento desproporcionado; ou as continuas liortas entre Paula e Ofelia, que en vez de poñerse a traballar por Silleda optaron por levar a pleno os asuntos persoais, amosando a ingobernabilidade na que sumiron o Trasdeza. Preocúpanos o escaso impulso que se fai do deporte de base, ou a case nula programación cultural dos distintos gobernos que se sucederon. Aos mozos todo isto interésanos.

Participar da política implica preocuparse dos asuntos do Concello dende unha perspectiva global; significa opinar sobre os temas que inquietan e propoñer solucións. Todo iso que vostedes non fan. Por desgraza no PP cambian os tempos pero non as actitudes. Xerardo Díaz Casal  . Militante de Galiza Nova Trasdeza.

Last Updated on Tuesday, 20 April 2010 19:54  


Redes Sociais