- Participación na manifestación, con faixa sen siglas de ningún tipo.
- Acto político da mocidade nacionalista galega, organizado pola MSG.
- Festa por Barcelona.
VIAXE Á "DIADA DE CATALUNYA"Amigas e amigos: Dende a Mocidade Socialista Galega (organización nacionalista, membro da mocidade do BNG) estamos organizando unha viaxe para o 11 de setembro a Barcelona, e así participar na festa reivindicativa que alí se celebra todos os anos con motivo da Diada (Festa Nacional de Catalunya). A participación na manifestación farase cunha faixa sen siglas de ningún tipo, co obxecto de que así se poida integrar nun mesmo punto toda a mocidade e todo o colectivo de galegas e galegos que queiran acudir á manifestación do 11S en Barcelona. Esta festa, que ven sendo o equivalente ao 25 de xullo para as e os galegos, ten unha especial relevancia este ano debido aos ataques que a soberanía do pobo catalán está sofrendo dende a dereita española que se atopa acomodada, entre outros sitios, no Tribunal Constitucional. Por este motivo, consideramos que é un fermoso xeito de amosar a nosa solidaridade coas nosas irmás e irmáns da Catalunya participar con eles desta festa reivindicativa. Para obter máis información podedes enviar un correo electrónico ao enderezo
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
. ACTIVIDADES
Prezo do avión: 48,06 € ida e volta (saída o venres ás 22:30 horas de Compostela e volta ás 5:55 horas de El Prat; prezo a 29 de xullo do 2010 coa compañía ryanair). Cada persoa debe coller o seu billete de avión pola súa conta. Aloxamento de venres para sábado en caso de ir no avión: a Mocidade Socialista Galega comprométese a buscar un aloxamento para todas as persoas que se apunten ao viaxe por un prezo inferior 30 €. Prezo do autobus: 57 € ida e volta (saída o venres 10 de setembro ás 21:00 horas dende Compostela e volta o domingo 12 ás 7:00 horas dende Barcelona). Nós facémonos cargo do encargo do autobús. |
|
|
|
|
|
|
Created by SopanTech Solutions